Wednesday 15 de May de 2024

A Banda Xuvenil e a Banda de Música Isabel ll de Touro, protagonistas do Concerto de Nadal


 

A Banda Xuvenil e a Banda de Música Isabel II de Touro foron as protagonistas onte sábado, 22 de decemebro, pola tarde do Concerto do Nadal no Concello de Touro. Os veciños e forasteiros poideron disfrutar dun fermoso na Casa da Cultura de Touro e que serviu para o lucemento da Banda Xuvenil do Concello de Touro, integrada polos membros máis novos e que proceden da Escola da Banda de Música Isabel II. As dúas bandas interpretaron un repertorio con diversos temas que foi a ledicia do público. O auditorio da Casa da Cultura estaba onte sábado á tarde cheo de xente que admirou a música das dúas bandas. As dúas formacións musicais aproveitaron a ocasión para mostrar o traballo feito ao longo de todo o ano e para desexarlle aos veciños e veciñas de Touro un feliz nadal e un próspero 2019. O Concello de Touro, que apoia a iniciativa da Banda e da súa Escola de Música, mostra especial interés por impulsar a formación entre os máis xóvenes do municipio e motivarlles para o estudio da música. Tamén se entregaron os premios aos gañadores da edición de este ano do Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’.